Un mermado Aircargobooking Ourense tratará de lograr a vitoria no Pedro Ferrándiz

17 de Abril del 2025
Comparte

O Aircargobooking Ourense visita mañá sábado ás 20:30 horas a pista do HLA Alicante nun encontro clave nas aspiracións de ambos equipos nesta recta final da Primeria FEB. O partido, correspondente á xornada 30, preséntase como unha dura proba para o conxunto ourensán, que chega condicionado polas baixas e coa intención de competir ao máximo nun dos escenarios máis esixentes da categoría nesta segunda volta.

A expedición ourensá afrontará este compromiso sen tres pezas importantes: as xa coñecidas lesións de Javi López e Aanen Moody, súmase Romaro Gill, que tampouco poderá xogar o encontro. Tres ausencias sensibles que obrigan ao resto do plantel a dar un paso adiante nun partido de máxima intensidade.

Pola súa banda, o HLA Alicante chega nun bo momento e co apoio da súa afección no Pedro Ferrándiz, un pavillón sempre complicado. Os alacantinos están loitando por entrar no play off e contan cun cadro competitivo e ben dirixido que obrigará aos nosos a manter a concentración durante os 40 minutos.

A pesar das adversidades, o Aircargobooking Ourense viaxa con ambición e co obxectivo de seguir medrando como equipo, manter a identidade mostrada nas últimas xornadas e loitar por un triunfo que sería de enorme valor nesta recta final de tempada.

Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar