Semana Bricocentro Paradelo

O Club Ourense Baloncesto, en colaboración con Bricocentro Paradelo, anuncia o inicio da Semana Bricocentro nesta tempada 2024/2025. Durante esta semana especial, que culminará co partido entre o COB e o UEMC Real Valladolid Baloncesto, a afección cobista poderá gozar de interesantes descontos e ofertas exclusivas en Bricocentro Paradelo Ourense.
Desde o 28 de abril ata o 3 de maio, todos os abonados do Club Ourense Baloncesto poderán aproveitar a seguinte promoción:
- Desconto do 10% en caixa nunha única compra de ata 1.000€, presentando o carné de abonado do COB e o Documento Nacional de Identidade.
- Promoción válida só para artigos en stock.
- Oferta exclusiva para compras na tenda física de Bricocentro Paradelo Ourense (Carretera de Vigo 74, 32001 Ourense).
Condicións de uso:
- O desconto non é acumulable con outras ofertas ou promocións activas.
- Só será aplicable nunha única compra por abonado.
Estade moi atentos ás próximas comunicacións durante a Semana Bricocentro... ¡novas sorpresas están por chegar!
NOTICIAS RELACIONADAS