O Aircargobooking Ourense e a Deputación de Ourense convidan a vivir unha noite especial no Pacito

07 de Mayo del 2025
Comparte

Este venres, o Aircargobooking Ourense, coa colaboración da Deputación de Ourense, organiza un evento aberto á súa afección no Pacito, onde se instalará unha pantalla xigante para seguir en directo o último partido da liga regular fronte ao Gipuzkoa Basket.

A cita será unha oportunidade para desfrutar do encontro en compañía e apoiar ao equipo nun momento clave da tempada, con opcións reais de acadar a clasificación para o play-off.

A apertura de portas será ás 20:15 horas, e o aforo será limitado, polo que haberá que retirar invitacións, e recomendamos facelo con antelación, nas oficinas do Club, nos seguintes horarios:

  • Mércores: de 15:30 a 19:00
  • Xoves: de 9:00 a 13:00 e de 15:30 a 19:00
  • Venres: de 9:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00

Durante o evento, o bar permanecerá aberto, para que os asistentes poidan gozar do encontro nun ambiente de apoio e celebración compartida.

Desde o Club e a Deputación de Ourense animamos a toda a familia do baloncesto ourensán a participar nesta iniciativa e acompañar ao equipo nunha noite que pode ser moi especial.

E senon podes asistir, subscríbete a Laliga+ e vibra con nós!

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar