Os socios do Clube Ourense Baloncesto disporán de dúas entradas para o partido ante Alega Cantabria

10 de Abril del 2024
Comparte

O próximo domingo día 14 de abril ás 12:30 temos un importantísimo partido ante Alega Cantabria e en agradecemento pola vosa fidelidade durante todo este tempo, os socios poderán solicitar dúas entradas para presenciar o encontro con quén queiran.

Hai varias vías para a solicitude de entradas:

  • Mandando un correo electrónico a info@clubourensebaloncesto.com indicando o nome completo e o número de socio
  • Nas oficinas do clube

As persoas que queiran recollelas de maneira presencial nas oficinas terán de data límite o sábado pola mañá. As entradas tamén se poden recibir no email que nos indiquedes ou no mesmo co que nos contactaches.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar