A intensidade e o traballo de Unai Mendikote volverán a estar ao servizo do Club Ourense Baloncesto para a tempada 2024-2025
No día de hoxe o Club Ourense Baloncesto e Unai Mendikote asinaron o acordo de renovación para a tempada 2024-2025.
O clube non podía perder a oportunidade de renovar ao xogador vizcaíno (30/03/1999), un xogador que estivo fixo na Selección 3x3 para o Preolímpico. Moi querido polos nosos seareiros e cunha implicación sobradamente contrastada.
Unai chegou a tempada pasada procedente do BC CSU SIBIU, da primeira división rumana, tras superar unha lesión no tendón de aquiles que podimos ver no noso equipo da que está completamente recuperado e xa é pasado. Este primer ano con nos promediou 3.6 puntos, 2.4 rebotes para unha valoración de 4.6 en máis de 13 minutos por encontro xogado, sendo así un xogador importante na rotación e tendo momentos moi importantes cambiando incluso dinámicas nos encontros.
A opinión de Moncho López sobre Unai Mendikote:
“A renovación de Mendikote hai xente que lle pode parecer que chega tarde. Da tempada anterior había tres renovacións feitas e a de Mendi era unha probable. Unha vez completado o cinco inicial e fichados dous aleros xóvenes como son Martín e Santi entendín que Unai era o complemento perfecto, é unha renovación moi merecida.
Vainos aportar moito saíndo do banco con moita intensiade no xogo, concretamente, traballo defensivo, versatilidade para defender a xogadores exteriores e interiores e moito rebote tamén nos dous aros. A parte de tódalas cuestións técnicas a personalidade que ten é moi importante para min.
É un competidor nato, xogador que sempre loita e da cara, esto fai que sexa moi querido polos seareiros, que tamén foi un factor importante na decisión. Quero transmitirlle iso aos nosos seareiros, vexo que recoñecen en Unai o carácter guerreiro que ten e que lles gusta.
Este é o equipo que fixemos, Unai vai ser un máis, trouxemos outros xogadores con esta personalidade competitiva e os que non a teñan Mendi vainos axudar a transmitirllo co seu coñecemento, tanto do Pazo como da dinámica do clube. Vai a axudar moitísimo a adaptación dos outros pero estou seguro que aqueles afeccionados que entenden o gran valor que ten nun equipo como o noso que vai loitar día a día, quero retransmitir iso, que temos un equipo que vai ser así, equipo de GUERREIROS!”
Benvido de novo Mendi!