[ACTUALIZADO] Así serán os partidos da pretempada cobista

27 de Agosto del 2024
Comparte

Con tódolos xogadores ás ordes de Moncho e Chema dende o 19 de Agosto, cando comezou oficialmente a pretempada, e para completar a posta a punto de todos eles antes de que comece a Primeira FEB, o Club Ourense Baloncesto xogará os seguintes partidos:

  • 31 de agosto, 13:00 ante San Pablo Burgos. O partido disputarase en Benavente a porta pechada e sen marcador.
  • 7 de Setembro, 18:30 ante Monbús Obradoiro. Partido correspondente a primeira xornada da Copa España disputado en Santiago.
  • 11 de Setembro, 17:00 ante CB Prat. Partido correspondente a terceira xornada da Copa España disputado en Barcelona.
  • 14 de setembro, 17:30 ante Homs UE Mataró. Partido correspondente a segunda xornada da Copa España disputado no Paco Paz. (Modificado pola Copa Galicia).
  • 20 de setembro. 20:30 semifinais de Copa Galicia ante o Leite Rio Breogán en Lugo

Os partidos da Copa España terán un precio especial de:

  • Socios:
    • Maiores 12 anos: 3 Euros
    • Menores 12 anos: Gratis
  • Non socios:
    • Maiores de 12 anos: 6 Euros
    • Menores de 12 anos: 2 Euros

 

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar