O Club Ourense Baloncesto debuta na Copa España cun derbi ante Monbus Obradoiro

06 de Septiembre del 2024
Comparte

O Club Ourense Baloncesto debuta de forma oficial mañá sabado, as 18:30 horas, ante o Monbus Obradoiro no primeiro partido da Copa España.

O sorteo da Copa España agasalla aos afeccionados galegos co primeiro derbi da tempada xa no mes de setembro e ainda que ambos equipos están no medio da pretempada, seguro que o encontro non deixará indiferente a ninguén e xa se poderán sacar as primeiras conclusións.

Os de Moncho López chegan tras tres semanas de duro traballo e con boas sensacións tras a primeira proba ante Silbo San Pablo Burgos.

O adestrador cobista analizou o partido na rolda de prensa previa que podedes ver a continuación.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar