O Club Ourense Baloncesto mídese ao CB Santfeliuenc na Copa España
O Club Ourense Baloncesto xogará, mañá martes ás 18:00 horas no Paco Paz, o que pode ser o seu último partido nesta competición ante CB Santfeliuenc.
Os de Moncho López, que non dependen de si mesmos para avanzar de ronda, tratarán de conseguir unha nova vitoria ante o conxunto catalán que buscará dar a sorpresa.
O COB ven de gañar o cuarto encontro consecutivo en Menorca cunha viaxe moi longa de por medio e recibe ao Inveready Gipuzkoa este sábado ás 18:30 horas no Paco Paz, polo que os xogadores chegan con moitos minutos acumulados e o cansancio pode xogar en contra.
Moncho López analizou o partido na rolda de prensa que podes ver a continuación.
NOTICIAS RELACIONADAS