O Club Ourense Baloncesto imponse a CB Santfeliuenc na xornada 4 de Copa España

O Club Ourense Baloncesto gaña a CB Santfeliuenc por 119-79 no partido correspondente á xornada 4 da Copa España celebrado no Paco Paz.
Os de Moncho López conseguen unha nova vitoria ante un conxunto catalán moi combativo.
O resultado final non é de todo fiel ao visto na pista, xa que por momentos o equipo visitante desplegou un gran xogo grazas a súa gran intensidade o que provocou o desfonde físico nun último cuarto no que o Club Ourense Baloncesto non perdoou e anotou 38 puntos.
O máis destacado do conxunto cobista foi Samu Rodríguez, que acadou os 47 de valoración con 34 puntos, 10 rebotes e 9 faltas recibidas.
Esperámosvos a todos este sábado ás 18:30 no Paco Paz para o encontro ante Inveready Gipuzkoa da Primeira FEB.
#EnchamosOPazo
Podes ver a rolda de prensa completa de Moncho López a continuación.