Cambio de horario e incidencias para o partido do sábado ante Inveready Gipuzkoa

O partido deste sábado ante Inveready Gipuzkoa comezará ás 18:30 en vez do horario habitual.
Ademáis, en Expourense está a celebrarse o Xantar, polo que recomendamos que todos os que vaian a asistir ao encontro o fagan con tempo suficiente e preferiblemente en transporte público, evitando así as conxestións de tráfico e problemas de aparcamento.
As persoas que adquiran unha entrada para o partido do sábado e decidan facerse socias do Club Ourense Baloncesto tralo encontro, poderán beneficiarse dun desconto. Presentando a entrada nas oficinas entre o luns e o mércores, descontaráselles o importe da mesma no prezo do abono.
#EnchamosOPazo #ForzaCOB
NOTICIAS RELACIONADAS