O Aircargobooking Ourense quere dar a sorpresa ante Movistar Estudiantes
O Wizink Center de Madrid será o escenario mañá, domingo, ás 12:30 horas, do partido que enfronta a Movistar Estudiantes contra Aircargobooking Ourense da xornada 10 da Primeira FEB.
O Movistar Estudiantes, un dos grandes favoritos ao ascenso, recibe ao Aircargobooking Ourense, que buscará dar a sorpresa nunha das canchas máis complicadas da categoría. O Aircargobooking Ourense chega co obxectivo de competir de ti a ti contra un dos xigantes da categoría.
Os de Moncho López, tras unha boa semana de adestramento quere asaltar o Wizink e non perderlle o pulso ás posicións altas da clasificación.
Por outra banda, o Movistar Estudiantes buscará non descolgarse desa primeira praza e co apoio da súa afección e un plantel repleto de talento, buscarán unha nova vitoria.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación.