O Aircargobooking Ourense quere seguir sumando ao lado da súa afección
O Aircargobooking Ourense enfrontarase este sábado, ás 19:00 horas, a un dos rivais máis potentes da categoría, o Flexicar Fuenlabrada, nun duelo que promete ser un auténtico espectáculo de baloncesto no Pazo dos Deportes Paco Paz. Este encontro será clave para consolidar o gran momento de forma do equipo ourensán, que segue demostrando que é un firme candidato a loitar polos postos altos da clasificación.
Tanto Moncho como os xogadores insistiron na importancia de contar coa calor da bancada para superar a presión dun rival de gran potencial. Ademais destacaron que a forza da afección local será clave para facer fronte aos momentos difíciles do partido.
Por iso, dende o club facemos un chamamento a toda a provincia de Ourense: “Ouvea con nós, enchamos o Pazo”.
O encontro ante o Fuenlabrada promete ser unha loita intensa dende o salto inicial. Ambos equipos chegan co obxectivo de sumar unha vitoria clave nesta fase da tempada. O Aircargobooking Ourense, co seu gran momento de forma e o alento dos seus seareiros, está disposto a deixar todo sobre a pista para seguir soñando.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación: