Segue a mala racha e o Aircargobooking Ourense cae en Zamora

O Aircargobooking Ourense loitou ata o final na súa visita ao Caja Rural Zamora, pero a derrota escapouse nos minutos finais por 93-84.
No primeiro cuarto o conxunto local saíu moi acertado e, cun parcial de 23-13, puxo contra as cordas ao Aircargobooking Ourense. A reacción non se fixo esperar e no segundo período a mellora foi evidente. O Aircargobooking Ourense chegou a igualar o xogo, pero un parcial de 7-0 nos instantes finais do cuarto permitiu aos zamoranos marchar ao descanso cunha lixeira vantaxe (48-39).
Tras o paso polos vestiarios, os nosos axustaron en defensa e aumentaron a intensidade no rebote. A boa circulación de balón e os acertos exteriores permitiron gañar o terceiro cuarto (19-22), reducindo diferenzas e deixando todo por decidir para o tramo final.
O último período foi unha loita sen tregua. O Aircargobooking Ourense chegou a situarse dous arriba con arreóns de xogo, pero a falta de acerto nos momentos decisivos, algunhas decisións erradas nos últimos dous minutos e unha actuación estelar de Walker por parte dos locais, impediron culminar a re.montada. O Caja Rural Zamora pechou o partido cunha tripla con tan só 6 décimas por xogarse para completar o parcial de 26-23 que sentenciou o 93-84 definitivo.
Toca aprender dos erros e seguir traballando para darlle a volta á situación este mércores ante Alimerka Oviedo no Paco Paz.
Tamén agradecer ao todos os afeccionados cobistas desprazados a Zamora que non deixaron de animar durante todo o encontro. Xuntos darémoslle volta á situación
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación.