O Aircargobooking Ourense cae en Cartaxena tras un mal último cuarto

16 de Febrero del 2025
Comparte

O Aircargobooking Ourense non puido lograr a vitoria na súa visita ao Odilo Cartagena, caendo por 92-80 nun partido marcado pola igualdade ata os últimos dez minutos, onde os locais conseguiron romper o encontro cun parcial determinante.

O duelo comezou con ritmo e intensidade, cun primeiro cuarto no que os murcianos levaron a iniciativa (24-19). O Aircargobooking Ourense reaccionou no segundo período, mellorando as súas prestacións ofensivas e reducindo a diferenza ao descanso (46-44), grazas a unha maior fluidez no ataque e ao acerto exterior de Aanen Moody.

Tras o paso polos vestiarios, a igualdade seguiu sendo a tónica dominante. Ambos equipos intercambiaban canastras e non conseguían abrir brecha no marcador, pechando o terceiro período cun empate parcial (22-22) que deixaba todo aberto para o derradeiro cuarto (68-66).

Nos últimos dez minutos, o Odilo Cartagena impuxo o seu físico e intensidade defensiva, afogando o ataque do conxunto ourensán. Un parcial de 24-14 acabou sendo decisivo para que os locais selasen o triunfo e deixasen sen opcións ao Aircargobooking Ourense.

Agora, chega un parón pola fiestra FIBA, tempo no que o equipo deberá repoñerse e traballar para afrontar o próximo partido nas mellores condicións.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar