O Aircargobooking Ourense quere consolidar a súa recuperación cunha nova vitoria

10 de Marzo del 2025
Comparte

O Club Ourense Baloncesto visita mañá, ás 20:30 horas, ao CB Naturavia Morón nun encontro no que buscará sumar unha nova vitoria fóra da casa para seguir escalando posicións na clasificación.

Os ourensáns chegan a esta xornada con confianza tras o bo rendemento mostrado nos últimos dous encontros, pero serán conscientes de que non poden confiarse ante un rival que, pese á súa situación na táboa,rinde moi ben na casa e non deixará escapar facilmente a oportunidade de loitar pola vitoria ante a súa afección.

Para levar o partido, o COB deberá impoñer o seu ritmo desde o inicio, dominando o xogo tanto en defensa como en ataque. A intensidade atrás no plano individual será clave para evitar que o Morón se sinta cómodo e marque o seu propio ritmo, mentres que no apartado ofensivo será importante a fluidez no movemento de balón e o acerto exterior.

Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar