O Aircargobooking Ourense cae na prórroga ante Betis Baloncesto
O Aircargobooking Ourense rozou o triunfo en Sevilla nun partido de altísimo nivel que só se decidiu na prórroga pola calidade de Renfroe, quen con dous triplazos nos últimos minutos rompeu a igualdade e deu a vitoria ao Betis Baloncesto (94-89).
O encontro comezou cun ritmo alto, cun primeiro cuarto moi igualado (22-24) onde o noso equipo conseguiu pequenas vantaxes grazas ao bo traballo defensivo e ao acerto exterior. No segundo período, a dinámica mantívose similar, cun intercambio constante de canastras que permitiu ao Aircargobooking irse ao descanso con unha lixeira vantaxe (43-46).
Á volta dos vestiarios, os nosos seguiron firmes, liderados por unha gran dirección de xogo e un bo equilibrio entre xogo interior e exterior. O terceiro cuarto pechouse cun 61-65 que alimentaba as opcións de asaltar a pista sevillana. Porén, no último período, o Betis apertou en defensa e conseguiu igualar o marcador grazas ao acerto nos últimos compases (77-77), forzando a prórroga.
No tempo extra, a calidade individual de Renfroe resultou determinante. O xogador do Betis anotou dous triplazos clave que decantaron o partido do lado local, nunha prórroga onde o noso equipo loitou ata o final pero acabou cedendo ante a efectividade bética (94-89).
A pesar da derrota, o Aircargobooking Ourense demostrou a súa competitividade e capacidade para pelexar contra calquera rival. Agora, toca recuperar forzas e pensar no próximo compromiso ante o líder no Paco Paz.