Duelo clave no Pazo por reverter a dinámica

Este sábado, o Aircargobooking Ourense recibe no Pazo dos Deportes Paco Paz ao Amics Castelló, nun partido vital para os dous equipos que buscan cambiar o rumbo nesta segunda volta da Primeira FEB. A cita será este sábado ás 19:00h, coa afección ourensá chamada a xogar o seu papel dende a bancada.
O COB busca reencontrarse cunha vitoria que sirva de punto de inflexión tanto a nivel deportivo como anímico. Para iso será esencial manter a intensidade durante todo o partido e minimizar as perdidas de balón. Tamén, o apoio da bancada será, unha vez máis, fundamental para empurrar o equipo nos momentos decisivos.
O Amics Castelló, pola súa banda, chega coa mesma urxencia e co obxectivo de estrear o seu casilleiro de triunfos nesta segunda volta, polo que se agarda un partido intenso, competido e cargado de emoción.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación.